HomesociedadeSolidariedade co pobo Ucraíno

Solidariedade co pobo Ucraíno

O Concello de Monforte sumouse este mércores ós actos en solidariedade co pobo ucraíno, convocados en toda España pola Federación Española de Municipios e Provincias, a través dunha concentración silenciosa de 5 minutos, que tivo lugar ás 12 horas na praza do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste acto o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, estivo acompañado por diversos membros da Corporación Municipal, así como gran parte dos traballadores do Concello.

Do mesmo xeito, tamén se achegaron ata a praza do Concello veciños e veciñas da cidade para amosar a súa repulsa pola guerra que está tendo lugar en Ucraína.

“Con este acto, dende o Concello queremos trasladar o noso  apoio e afecto a todas as persoas que están sufrindo nestes momentos as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucraína”, salientou o Alcalde.

O concello de Sarria tamén secundou esta convocatoria e no concello de Taboada convocaban na tarde deste martes a todas as Asociacionse e persoas interesadas, a unha reunión para poder rocoller axuda humanitaria para Ucraína.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...