IniciosociedadeAs pemes do sur de Lugo coñecen como potenciar a súa competitividade

As pemes do sur de Lugo coñecen como potenciar a súa competitividade

Celebrouse tamén unha mesa redonda de casos de éxito con empresas da zona: Acios Glamping & Wine, dedicada ao turismo rural; a compañía avícola Granja Campomayor; e Jim Sports, distribuidora de material deportivo e tecnoloxía aplicada ao deporte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Bóveda vén de acoller a segunda etapa da iniciativa Camiño de futuro, posta en marcha pola Administración autonómica co obxectivo de difundir entre as pequenas e medianas empresas de contornas non urbanas os instrumentos de apoio dirixidos a mellorar a súa competitividade e crecemento.

Patricia Argerey, directora da Gain, destacou na súa intervención que as pemes son unha prioridade para a Xunta de Galicia -como motor da economía galega- e que, por iso, se persegue que aquelas que aínda non iniciaron o camiño da innovación o fagan, xa que é un factor clave para a competitividade das compañías.

A Xunta ten en marcha o Programa de Impulso á Innovación nas Pemes que inclúe diferentes actuacións, como liñas de axuda pensadas para empresas tradicionais e de sectores maduros que queren empezar a innovar; difusión da cultura da innovación para incrementar o número de pemes innovadoras; desenvolvemento de contidos formativos e ferramentas para que as pemes poidan avaliar a súa capacidade para innovar; difusión de casos de éxito de empresas innovadoras da contorna e asesoramento personalizado.

No encontro celebrado en Bóveda técnicos de Gain e do Igape, dependentes da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, así como dos grupos de desenvolvemento rural (GDR) Miño-Ulla e Ribeira Sacra-Courel, explicaron as diferentes convocatorias de axuda activadas pola Xunta.

Ademais, celebrouse unha mesa redonda de casos de éxito empresarial con pemes innovadoras da contorna procedentes de distintos sectores, que falaron da súa experiencia como beneficiarios de distintos instrumentos de apoio da Administración para que a empresa mellore a súa competitividade a todos os niveis. En Bóveda, a cita con compañías innovadoras reuniu ás empresas Acios Glamping & Wine, dedicada ao turismo rural; Granja Campomayor, empresa avícola; e Jim Sports, distribuidora de material deportivo e tecnoloxía aplicada ao deporte.

Camiño de futuro dá continuidade á iniciativa Camiño da innovación, unha das primeiras actuacións do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes que ao longo dos meses de novembro e decembro pasados percorreu a través dun espazo itinerante un total de 18 localidades das catro provincias galegas, realizando máis de 240 asesoramentos a pemes galegas e asistindo máis de 550 persoas aos encontros.

ÚLTIMAS

Roteiro Literario para coñecer as localizacións da novela “A Boca do Monte”, en Quiroga

Preto dun cento de estudantes do IES As Lagoas de Ourense coñeceron o pasado...

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...