Recibimento á expedición quiroguesa a Ucraína

Será este venres 11 de marzo sobre as 14:00 h. e será unha benvida simbólica na ponte que une Quiroga con San Clodio, en Ribas de Sil.

A expedición quiroguesa camiño de volta. Foto: M.A.

O pasado 5 de marzo saía de Quiroga unha expedición dirección Ucraína cargada de alimentos e outros artículos de primeira necesidade hixiénico sanitaria coa intención de traer de volta a persoas que foxen da guerra.

A iniciativa partía de Mayte e Miguel Ángel, un matrimonio quirogués, e a ela uníronse outros catro veciños co cal a autocaravana que alugaran quedou pequena, tendo que unir ao convoi un furgón e unha pequena furgoneta con remolque.

Tras alcanzar a fronteira con Polonia entregaron os 2.500 quilos de axuda que doara a veciñanza quiroguesa e recolleron a varios refuxiados que os acompañan agora na viaxe de volta, unha viaxe duns 6.000 quilómetros. Con todo, a expedición bautizada por Mayte como “A Caravana do caracol”, chegará este venres 11 de marzo a Quiroga sobre as 14:00 h. se non hai ningún contratempo.

Imaxe de campamentos para repartir axuda. Foto M.A.

Veciñas e veciños da localidade, para agradecer o labor desta expedición, organizaron a través de whatsapp e redes sociais un humilde e simbólico recibimento na ponte que une Quiroga con San Clodio. Piden que a xente que se achegue leve prendas amarelas e azuis e que se amosará o apoio e benvida sen crear balbordo ou mais emoción da que poidan traer os refuxiados/as. Unha persoa quedará en Quiroga, onde ten familia, e outros irán a San Clodio, vila na que teñen unha casa cedida temporalmente por unha veciña do concello de Ribas de Sil.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here