HomesociedadeSemana Santa con xornadas multideportivas infantís en Sober

Semana Santa con xornadas multideportivas infantís en Sober

Poderán participar os nenos de entre 7 e 12 anos en horario de 10:30 a 13:30 horas os días 11, 12 e 13 de abril. Prazo para incribirse aberto ata o 31 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober organiza unha xornadas multideportivas infantís gratuítas para a Semana Santa. Trátase dun programa lúdico e de actividades deportivas que se levará a cabo os días 11, 12 e 13 de abril en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas.

Desenvolveranse actividades relacionas co voleibol, xogos tradicionais, xogos de cooperación, xincanas, xogos de pistas, actividades musicais e de baile, entre outra. Levaranse a cabo no pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober.

Ofértase un total de 15 prazas. A idade para participar nesta actividade será a comprendida entre 7 e 12 anos. Terán preferencia os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Sober. A inscrición realizarase presencialmente no rexistro do concello ou de modo telamático, a través da sede electrónica.

Se existe máis demanda que prazas ofertadas nunha semana, cubriranse as prazas por rigorosa orde de entrada das solicitudes no rexistro do Concello. Así mesmo, crearase unha lista de agarda para cubrir as prazas que poidan quedar vacantes.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...