HomesociedadeAs prazas das vivendas municipais e do albergue de Sober a disposición...

As prazas das vivendas municipais e do albergue de Sober a disposición dos refuxiados

O Concello de Sober pon a disposición dos refuxiados de Ucraína o albergue municipal con 14 prazas e está instalando mobiliario de cociña en catro vivendas municipais que tamén cederá a aquelas persoas que as poidan precisar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local tamén recolle datos para crear un censo de inmobles, tanto ocupados como desocupados, para poder axudar e amosar a solidariedade co pobo ucraíno.

O Concello de Sober asegura que en canto se coñeceu a dramática situación de Ucraína activou unha rede de cooperación e acollida para que, chegado o momento, poida entrar en funcionamento. Agora recádase información para coñecer a dispoñibilidade de espazos.

Aquelas persoas que desexen participar no acollemento deberán poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Sober nas oficinas municipais ou por vía telefónica a través do seguinte número de teléfono: 982460513.

O acollemento pode darse por dúas vías:

  • Vivendas desocupadas que desexen poñer a disposición das persoas refuxiadas.
  • Vivendas habitadas que desexen compartir coas persoas refuxiadas.

Unha vez se teñan os datos faranse chegar ás autoridades correspondentes para poder canalizar a axuda. Desde a FEGAMP facilitan ademais un número de información gratuíto sobre a acollida a cidadáns ucraínos +34 91 047 4444. Os Servizos Sociais do Concello de Sober están tamén a disposición dos veciños e veciñas para resolver as dúbidas que poidan xurdirlles en relación coa axuda que se pode prestar.

Albergue Sober / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Monforte comeza este 4 de novembro a mellora de varios parques infantís

O Concello de Monforte inicia actuacións destinadas á mellora, conservación e renovación de varias...

Quiroga celebra o San Martiño do 6 ao 11 de novembro

O venres día 6 de novembro, ás sete da tarde, a Casa da Cultura...

Espertamonforte: “Cun Consello Escolar Municipal, o problema das traballadoras da limpeza dos colexios atallaríase moito antes”

Para Espertamonforte, o mellor exemplo da utilidade dun Consello Escolar Municipal é a situación...

Villares e o alcalde do Saviñao avalían proxectos conxuntos para melloras municipais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo este luns un...