Homesociedade"Para que non doa", obradoiro para 3º da ESO co gallo do...

“Para que non doa”, obradoiro para 3º da ESO co gallo do 8M

O Concello de Monforte, a través do Centro de Información á Muller, continúa desenvolvendo as actividades que forman parte da programación ideada para conmemorar o 8 de Marzo “Día Internacional da Muller”. Esta semana cos obradoiros dirixidos aos centros de ensino de secundaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dando continuidade aos obradoiros impartidos no mes de novembro, neste trimestre desenvólvese un Obradoiro titulado “Para que non doa” no que se traballarán as relacións emocionais dende unha perspectiva non sexista, as dependencias emocionais e o que ten que ver coas formas de respecto e boa relación.

O  obxectivo é que o alumnado cuestione os mitos e falsas crenzas en torno o namoramento e o amor, que diferencien entre relacións igualitarias e relacións violentas, de dependencia… e que reflexionen sobre os modelos impostos nas relacións afectivas.

Esta actividade está financiada con cargo aos fondos transferidos pola  Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género, para o desenvolvemento de novas o ampliadas competencias reservadas 8m,ás entidades locais no Pacto de Estado contra a violencia de xénero para o exercicio 2021.

A persoa encargada de levar a cabo a actuación é a psicóloga clínica Paula Sánchez. A actividade vai dirixida ó alumnado de 3º da ESO e cada sesión ten unha duración de 100 minutos.

O pasado venres 4 de marzo tiveron lugar as primeiras sesións deste obradoiro no IES Río Cabe, e tiveron continuidade o día 14 no IES Daviña Rey e no CPR Ferroviario. Este mércores 16 de marzo, será a quenda dos alumnos e alumnas do CPR Pais Escolapios e o venres 18 o obradoiro impartirase no CPR Torre de Lemos e no IES A Pinguela.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...