Iniciosociedade18 meses para restablecer a circulación entre Folgoso do Courel e Quiroga

18 meses para restablecer a circulación entre Folgoso do Courel e Quiroga

Os técnicos están a avaliar catro alternativas: a construción dun viaduto sobre o trazado da estrada desprendida, a construción dun novo trazado en falso túnel ou en desmonte e a execución dun túnel máis asfaltado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta realizará unha declaración de emerxencia para restablecer a circulación entre Folgoso do Courel e Quiroga e garante que acometerá a solución máis rápida e segura coa máxima axilidade posible.
Así llo trasladou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, á alcaldesa, Dolores Castro, na reunión mantida para abordar conxuntamente a situación na principal vía de acceso ao Courel desde Quiroga, cortada ao tráfico desde o pasado domingo a mediodía como consecuencia do desprendemento rexistrado á altura do quilómetro 18 da estrada LU-651, entre Santa Eufemia e Folgoso.

No encontro, Ethel Vázquez incidiu en que a Xunta non vai a escatimar nin traballo nin recursos, para facer o que faga falta para restablecer o acceso viario a Folgoso do Courel, que, advertiu, vai ser prolongado polo alcance dos danos, podéndose demorar os traballos arredor de 18 meses.

A titular de Infraestruturas indicou que o departamento que dirixe está a traballar xa desde o primeiro minuto, avaliando a situación, analizando o estado do terreo, con labores topográficos e xeotécnicos, e estudando as alternativas posibles para restablecer a comunicación viaria entre Quiroga e Folgoso.

Precisou que quedan días de traballo por diante, no que se debe ser rigorosos na análise técnica, porque se ten que garantir unha solución segura para restablecer a circulación con plenas garantías, para o que cómpre coñecer ben o estado no que se atopa o terreo.

Xuntanza desprendemento / Xunta

A conselleira sinalou que nestes momentos se barallan catro alternativas como posibles solucións prioritarias: a execución dun viaduto para salvar o treito da vía desprendido; a execución dunha vía de novo trazado, que á súa vez podería ser en falso túnel ou en desmonte; ou a construción dun túnel máis afastado. Apuntou que todas as solucións son complexas, por estar nun territorio de montaña, con grandes valores naturais protexidos como parte da Rede Natura.

Vázquez Mourelle explicou que as causas dos danos sufridos na vía autonómica, que produciron un socavón de 200 metros, apuntan ao colapso dunha das galerías subterráneas da canteira de lousa que se atopa nas proximidades. A este respecto afirmou que desde a Xunta se realizarán as indagacións oportunas e se exixirán as responsabilidades que correspondan, pero avanzou que a Xunta actuará coa máxima axilidade e asumirá as actuacións, imputando despois o gasto a posibles responsables.

Manifestou o alivio pola ausencia de danos persoais, nin de condutores nin de traballadores da canteira no momento do sinistro. Mentres non se solucione o problema, a circulación realizarase pola vía alternativa que pasa polas localidades de A Campa e Vidallón, solución empregada como vía principal nas obras de acondicionamento da LU-651 entre 2007 e 2009.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....