IniciosociedadeFolgoso do Courel demanda do Goberno medidas urxentes para solucionar a actual...

Folgoso do Courel demanda do Goberno medidas urxentes para solucionar a actual crise económica

O Goberno local do Concello de Folgoso do Courel aprobou en pleno unha moción para paliar o impacto económico da invasión de Ucraína. Entre outros asuntos debateuse sobre como informar ao sector turistico local das novidades en canto ao derrubamento da estrada que une Quiroga con Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta explica que as incertezas que se derivan da situación coa Guerra de Ucraína están a provocar un excepcional impacto económico no tecido produtivo e nas familias, que están a facer fronte a unha escalada sen precedentes no relativo aos prezos enerxéticos, así como á escaseza dalgunhas materias primas esenciais na cadea agro-mar-industria e outras industrias.

Así, desde o Goberno local precisan que se fai necesario adoptar medidas urxentes para que os sectores como a industria, o agro e o mar poidan continuar coa súa actividade, mantendo o emprego, e para que as familias poidan facer fronte e a súas facturas. Pídenlle ao Goberno que tome as seguintes medidas:

  • Baixada dos impostos que gravan a electricidade, o gas, a gasolina e o gasóleo.
  • Medidas específicas para os sectores máis afectados: transporte, industrias electrointensivas, pesca, agrogandería e turismo.
  • Rectificar a política enerxética abrupta que se vén levando a cabo e apostar por unha transición planificada, proporcional e xusta.
  • Reverter o incremento xeneralizado de impostos, descartando a implantación de peaxes nas autovías que suporían novas cargas para as familias e os sectores produtivos esenciais.

Tamén instan á Xunta de Galicia a analizar, xunto cos sectores máis afectados polas consecuencias da invasión de Ucraína (transporte, industrias electrointensivas, pesca, agrogandería, turismo …), coa finalidade de mitigar a situación pola que atravesan os mencionados sectores.

Solución mimosas e rata toupa

En relación coa iniciativa presentada por C@urel Vivo sobre a erradicación de mimosas, a rexedora, Lola Castro, explica que se veñen de solicitar as axudas específicas para esta fin no marco das subvencións para as Reservas da Biosfera, unha vez que o Concello forma parte desta rede e pode optar a elas. Deste xeito, a intención do Goberno local é a de actuar para que a praga non siga reproducíndose polo territorio.

Tamén se aprobará unha iniciativa para que a Consellería do Medio Rural inicie algunha acción máis efectiva ou se incrementen os efectivos para poder trampear con máis frecuencia e intensidade os problemas que está a causar a praga de ratas toupas nos pasteiros e pradarías do Courel alto. Demandan ademais que se contemple algún tipo de axuda para os gandeiros afectados mentres non se consiga reverter a praga, posto que as solucións propostas non están a dar un resultado óptimo.

Estradas alternativas no Courel tras o derrubamento

Courel Vivo aproveitaba para solicitar encontros entre o concello e os axentes sociais para darlles solucións nesta situación e con respecto á estrada con Pedrafita do Cebreiro que executa a Deputación solicitaranlle que non se certifique dita obra e se arranxe correctamente.

Desde a Alcaldía informouse da solicitude para pedir unha reunión urxente co presidente da Deputación, para que poidan actuar nas estradas da súa titularidade. Con respecto á relación coa hostalería e o sector turístico depois do corte da estrada derrubada; a rexedora explicou que non se sabe cales van ser as solucións definitivas nin os prazos, motivo polo que aínda non se fixo ningunha convocatoria de reunión. O que se sabe ata a data xa se foi facendo público a través das canles oficiais do Concello e dos medios de comunicación.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...