Homesociedade"Convenio xa!" piden os traballadores dos xeriátricos privados que están en folga...

“Convenio xa!” piden os traballadores dos xeriátricos privados que están en folga dede o 17 de marzo

Os traballadores da residencia de maiores de Chantada concentráronse o pasado venres fronte ao centro, mentres seguen as concentracións noutros xeriátricos e a folga mantén o seu carácter indefinido, co 100% dos servizos mínimos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballadores dos xeriátricos privados de Galicia están en folga desde o pasado 17 de marzo. Demandan melloras salariais e das condicións de traballo. As demandas están aí e a folga mantense sen demasiadas consecuencias porque a Xunta ten establecidos uns servizos mínimos de case o 100%.

Na concentración diante da DomusVi de Chantada os traballadores sostiñan unha pancarta asinada por UGT e CIG na que anunciaban que estaban en folga e demandaban “convenio xa”, despois de dous anos reclamando a actualización dun novo convenio.

Traballadoras e traballadores reclaman ás empresas do sector un incremento de soldos polos maiores ingresos que perciben da Xunta e dos usuarios e denuncian xornadas abusivas para un persoal insuficiente, polo que demandan mellores condicións laborais.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...