30 anos da Festa do Caldo de Ósos de Taboada na primeira fin de semana de abril

A última celebración desta cita gastronómica tivo lugar en febreiro do 2020, pouco antes de decretarse o estado de alarma. No 2021 a pandemia impediu a súa celebración e este ano a situación sanitaria non era favorable para celebrala na súa data habitual de Domingo de Entroido, polo que se decidiu recuperala na primeira fin de semana de abril.

Caldo do ósos / Facebook XXX Festa do Cal de Ósos

A feira abrirá as súas portas na Praza de Riazón o día 3 de abril ás 10 e media. Media hora despois comezará a exhibición de escultura en madeira de Marcos Mariño, que continuará ás 16:30. Ás 12:00 terá lugar a concentración de coches clásicos e ás 12.13 actuará a Asociación cultural Os Rechouchíos.

A lectura do pregón desta XXX edición da Festa do Caldo de Ósos será ás 13.00 por conta de Ana Vila Portomeñe, a poeta labrega; e a continuación será a degustación do caldo de ósos que ofrece o gremio de hostalería de Taboada.

Nesa xornada e o sábado contarase co menú da festa en sete establecementos de Taboada: Parrillada Mencía, Casa do Romualdo, Cafetería Sacala, Restaurante Anduriña, Tapería Devezo, Parrillada San Martiño e Restaurante Urdi, que ofrecerán o menú da festa (caldo de ósos, costela asada, filloas e queixo con mel) a un prezo de 20€.

Festa Caldo de Ósos 2022 presentación / concello de Taboada

Ás 18:00 contarase coa actuación do grupo de danzas e gaitas Os D´ eiquí e a partires das 20:00 haberá degustación de produtos do porco e actuación da chanranga Ardores.

O sábado e como é tradicional no día previo á festa celebrarase a Ruta Osovitivinícola polos bares de Taboada para rematar con Festóso no centro cívico a partires das 22:30 coa actuación de Pablo Nava e Inzo. Na asociación xuvenil Marrao Enxebre esperan que o cambio de datas anime a acudir á xente da contorna.

A Festa do Caldo de Ósos recuperará, se as circunstancias o permiten, no vindeiro ano a súa tadicional data de celebración do Domingo de Entroido, por ser un prato característico desa época.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here