HomesociedadeQuiroga contará con 12 agrupacións musicais no Certame Celtibérico de Bandas de...

Quiroga contará con 12 agrupacións musicais no Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

O Certame Celtibérico, que se celebra a vindeira fin de semana coa Feira do Viño, estará adicado este ano a Alfonso Muíño, un dos investigadores máis importantes no coñecemento da gaita, centrándose no estudo das palletas. Con esta homenaxe, en palabras de José Luis Foxo, preténdese que siga sendo un referente na cultura da gaita e tamén que Quiroga teña un espazo para a música tradicional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto de presentación do certame interviron o Director da Real Banda de Gaitas de Ourense, José Luis Foxo, o Concelleiro de Cultura, José Luis Rivera e o Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez. Con esta cita Quiroga vai ser novamente, o vindeiro sábado, un escenario único, no que se van xuntar 500 músicos de agrupacións chegadas do norte de Portugal, de León, de Asturias, de Galicia e da Galicia Emigrante.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, matizou que non é fácil atopar un número tan significativo de músicos que encherán de cor e son as rúas da vila quiroguesa, nun acto que serve para manter a tradición e a cultura.

No Certame Celtibérico, que comezará ás once e media da mañá, deste sábado, 16 de abril, participarán bandas de gaitas nos catro graos e contarán cun equipo de xuíces profesionais que farán informes de cada banda.

Na presentación do acto tamén estiveron presentes os integrantes da Escola de Gaitas San Martiño de Quiroga, que baixo a dirección do seu profesor, Marco Foxo, interpretaron varias pezas musicais e incluso remataron interpretando a Pastora do Caurel.

ÚLTIMAS

Monforte convoca os XI Premios do Deporte, como novidade o xurado tamén pode propor candidaturas

As bases do concurso aprobáronse este luns, 13 de abril, na Xunta de Goberno...

Formación sobre liderado e competencias dixitais en Monforte

A Fundación 'Acción contra el Hambre' organiza un ciclo gratuíto de obradoiros centrados no...

Sarria<30, programa de formación e emprendemento cultural que chega en maio á comarca sarriá

A programación do Sarria<30 inclúe unha serie de laboratorios que contarán con recoñecidos profesionais...

Sae a licitación por 117.582€, o contrato para o recinto do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

Este mesmo luns, 13 de abril, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación...