HomesociedadeA XVIII Feira Medieval de Monforte enche de público a cidade esta...

A XVIII Feira Medieval de Monforte enche de público a cidade esta fin de semana

Coa lectura ás 12 da mañá na Praza de España do saúda por parte do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu comezo oficialmente a XVIII Feira Medieval de Monforte, que se desenvolve este sábado 16 e mañá domingo, 17 de abril, na cidade do Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o 2º Tenente Alcalde  e voceiro, Ibán Torres, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira de Consumo, Regina López, a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé, os concelleiros do Partido Popular, Katy Varela e Víctor Rodríguez,  o concelleiro do BNG, Emilio Sánchez, a Inspectora Xefa do Corpo de Policía de Monforte, Mónica Gutiérrez, os Comandante de Puesto e o Capitán Guardia Civil de Monforte, José Luís Eguren  eJosé Antonio Hernández, Inspector Xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez.

Inauguración Feira Medieval de Monforte 2022 / concello de Monforte

Tamén asistiron diversas autoridades do eido provincial como Pablo Rivera, Deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, José Luís Raposo, e Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, Luís Álvarez, Deputado e Voceiro do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Ana Prieto, Diputada no Congreso dos Deputados, José Antonio Quiroga, Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, entre outros.

Tras o saúdo oficial do Alcalde, tivo lugar a salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, que deu inicio oficial á Feira que se desenvolve coa programación que aparece neste enlace.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...