HomesociedadeA Ribeira Sacra, o máis visitado esta Semana Santa na provincia, cunha...

A Ribeira Sacra, o máis visitado esta Semana Santa na provincia, cunha media de ocupación do 97,6 %

A ocupación hostaleira na provincia de Lugo durante esta semana Santa superou o 92 %, cifra similar ás anteriores á pandemia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta ocasión, a Apehl confirma o camiño cara á recuperación en todas as zonas da provincia. A Ribeira Sacra foi a comarca con máis visitantes, cunha media do 97,6 %. A zona centro logrou nestes días unha media do 92,5 %; a cidade de Lugo roldou o 91,6 %, e A Mariña chegou de media ao 87,7 %.

Os días craves continuaron sendo xoves e venres, nos que algúns establecementos chegaron ao 100 %, especialmente na Ribeira Sacra, ao celebrarse en Monforte a Feira Medieval. A maioría dos visitantes que estes días fixeron parada na provincia procedían de diferentes partes do propio territorio nacional, principalmente de Galicia, Asturias e Castela e León.

En canto aos datos referentes á restauración, desde Apehl aseguran que os establecementos incrementaron as reservas, pero o gasto xeral dos clientes foi menor que en anos anteriores.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...