HomesociedadeInnovación do sector primario na comarca de Lemos para atopar novos nichos...

Innovación do sector primario na comarca de Lemos para atopar novos nichos de mercado

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou este xoves o viveiro de produción de plantas ornamentais A Man de Prado e Oviganic Ibérica S.L., coa que a Consellería do Medio Rural asinou o ano pasado un convenio de colaboración para impulsar o sector ovino e cabrún en Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O director da Agacal facía entrega ao viveiro A Man de Prado do diploma acreditativo da mención especial que recibiu no II Foro de innovación produtiva do sector agrario organizado pola Xunta e celebrado en Santiago de Compostela o pasado día 10 de febreiro.

A iniciativa premiada -que contou cunha subvención da Xunta de preto de 80.000 euros- estaba centrada na elaboración sustentable de tepes para tres usos distintos: cubertas verdes extensivas, taludes e xardíns tipo macizo de alto valor engadido.

En colaboración coa Fundación Juana de Vega, coa Universidade de Santiago (USC) e coas empresas Arborejardin e Orgánica de Sustratos (grupo Costiña), partiuse dun estudo de mercado para facer unha selección e avaliación de plantas adaptadas a diferentes usos e condicións ambientais -incluíndo as autóctonas- para logo avaliar o medio de cultivo e o soporte de enraizamento e, finalmente, testar o conxunto de plantas soporte.

O proxecto, que incluía un estudo final de custos no escalado da produción destes tepes en viveiro e do uso en xardinaría, tamén perseguía avanzar na inclusión do formato tepe na norma de calidade de planta ornamental de Galicia. Búscase a redución das malas herbas e da necesidade de uso de fitosanitarios nas obras de xardinería, o uso de substratos de natureza renovable e sustentable no canto de turba, a redución da perda de solo en taludes revexetados, a mellora da eficiencia enerxética de edificios nos que se instalan cubertas axardinadas, entre outras cuestións.

Oviganic Ibérica

Ademais de Sober, en Monforte visitou a empresa Oviganic Ibérica S.L., coa que a Consellería do Medio Rural asinou o ano pasado un convenio de colaboración para impulsar o sector ovino e cabrún en Galicia. Desde a Agacal búscase afondar na colaboración xa iniciada o pasado ano, para seguir dándolle un pulo á produción de leite de cabra ou de ovella e á súa transformación en territorio galego, en liña co recollido na Estratexia de dinamización do sector lácteo de aumentar o valor engadido do leite producido na comunidade.

Oviganic Ibérica produce queixo amparado pola denominación de orixe protexida Queixo Tetilla, a través da fábrica de Queserías Prado adquirida en 2021 xunto coa sociedade gandeira compostelá Leite Noso.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...