Homesociedade152.000€ para renovar a sinalización horizontal de Monforte

152.000€ para renovar a sinalización horizontal de Monforte

Vense de abrir o prazo de presentación de ofertas para a licitación do contrato de renovación e mantemento da sinalización horizontal das vías e espazos públicos que son competencia do Concello de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello adica a esta finalidade 152.468,48 €, ive engadido, o investimento máis alto destinado a este fin nos últimos anos, “e que suporá a mellora da sinalización horizontal a través de 130 actuacións en rúas e vías de todo o concello, e nas que se inclúe tamén todo o Polígono do Reboredo, a chaira do cemiterio ou o mercado gandeiro”, destacou o rexedor local, José Tomé.

O luns 16 de maio de 2022 será o último día para presentar propostas a este concurso. As correspondentes mesas de contratación está previsto que se celebren o mércores 18 e luns 23 de maio.

Unha vez adxudicados os traballos de mellora e mantemento da sinalización horizontal, estímase que o desenvolvemento dos mesmos sexa de 30 días, polo que a previsión, se a climatoloxía o permite, é que rematen a finais do mes de xullo.

Traballos a executar

O adxudicatario realizará todos os traballos necesarios, incluíndo a aportación de materiais, maquinaria, utillaxe, equipamentos,  etc., para renovar a sinalización horizontal existente nas rúas ou espazos públicos que se relacionan a continuación, ou, no seo caso, das partes das mesmas que especificamente se indiquen cando a renovación sexa limitada a un tramo ou tramos específicos da vía de que se trate, así como as modificacións, adaptacións de mellora e dotación de novos elementos de sinalización que se determinen.

A entidade ou persoa adxudicataria renovará a totalidade das marcas viais e sinais horizontais efectivamente existentes nas vías obxecto de actuacións, facéndoo sempre na forma, dimensións e cores preexistentes, salvo no caso en que pola Policía Local ou polo servizo que detemine o Concello de Monforte de Lemos se lle requira para a aplicación de modificacións.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...