HomesociedadeEscape Room sobre o Camiño Francés no albergue público de Samos

Escape Room sobre o Camiño Francés no albergue público de Samos

A Xunta de Galicia converterá nas próximas semanas o albergue público de Samos en escenario dun Escape Room sobre o Camiño Francés, no que participarán máis de 500 persoas co único requisito de ter máis de seis anos de idade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa presentouse este martes, 3 de maio, na Delegación Territorial de Lugo polo delegado, Javier Arias, e Fernando Carballo xunto a outros responsables da organización. Desenvolverase durante as fins de semana -de venres a domingo- entre os días 6 e 22 de maio, ademais do mércores 11 e o xoves 12. Están comprometidas preto de 80 sesións, dunha hora de duración cada unha, se ben dado o éxito que está a ter a convocatoria estúdase a posibilidade de amplialas.

Trátase dun xogo de escapismo con diferentes probas para completar unha misión baseada no Camiño de Santiago e o Xacobeo 21-22. Esta é a segunda fase dun proxecto que antes se desenvolveu, cun formato máis reducido, en Betanzos (sobre o Camiño Inglés), Vigo (Camiño Portugués da Costa) e Ourense (Vía da Prata). Todos eles seguiron un guión similar, adaptado en cada caso á ruta do lugar e ás características do albergue, que consistía en resolver unha misión deixando unha pista ou proba para este Escape Room final de Samos.

Os participantes organízanse en grupos de entre 6 e 8 persoas, guiados por un director de xogos e dous monitores; as probas electrónicas para resolver as pistas son elaboradas, complexas e detalladas. As solicitudes de inscrición deben presentarse no enderezo de correo electrónico inscripciónreservaslucusescaperoom@gmail.com.

A Casa Forte de Lusío en Samos é un exemplo da arquitectura tradicional galega, construída no século XVIII e rehabilitada pola Xunta de Galicia para destinala a albergue de peregrinos. Ofrece para este xogo diferentes espazos con instalacións, decoración e ambientación de máxima calidade.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...