HomesociedadeA Torre da Homenaxe monfortina lembrará o 'Día Internacional da Enfermaría'

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Internacional da Enfermaría’

O Concello de Monforte iluminará de cor azul a emblemática edificación mañá, xoves 12 de maio, para conmemorar a sinalada data para este colectivo profesional.

Publicado o

- Advertisement -

O Día Internacional da Enfermaría celébrase o 12 de maio en todo o mundo con ocasión do aniversario do nacemento de Florence Nightingale, e a campaña deste ano céntrase no lema “Enfermería: Una voz para liderar – Invertir en enfermería y respectar los derechos para  garantizar  la salud global”.

O Alcalde, José Tomé Roca, sinala que “dende o Concello sumámonos a esta conmemoración para recoñecer a labor esencial das nosas enfermeiras e dos nosos enfermeiros, porque debemos recoñecer e aplaudir o seu traballo non só mañá senón todos os días do ano”.

O Consello Internacional de Enfermeiras (CIE) traballa en campañas que promoven e comparten mensaxes claves sobre temas de particular interese para a enfermaría; neste caso, insisten na importancia da produción e da distribución dos recursos destinados a este importante colectivo sanitario.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...