HomesociedadeO STEG oponse ao concerto de ciclos formativos co colexio dos Escolapios...

O STEG oponse ao concerto de ciclos formativos co colexio dos Escolapios en Monforte

STEG-Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia asegura que se modificou a autorización do centro privado Padres Escolapios de Monforte de Lemos e autorízanselle 6 ciclos formativos en modalidade presencial e réxime ordinario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o sindicato afirman, “preocúpanos enormemente que teñan solicitado acceder ao réxime de concertos para ditos ciclos, xa que as circunstancias legais nas que se debería conceder o concerto serían:”

  • Se o centro vai satisfacer necesidades de escolarización na zona na que se vai situar.
  • Se vai atender poboacións socioeconomicamente desfavorecidas.
  • Se propón a realización dalgunha experiencia de interese pedagóxico para o sistema educativo.

Segundo STEG, vista a oferta pública de FP para a comarca, non se cumpren ningunha da circunstancias anteriores. Lembran que a LOMLOE recolle que as Administracións educativas deberán ter en conta o principio de economía e eficiencia no uso dos recursos públicos, e que se promoverá un incremento progresivo de postos escolares na rede de centros de titularidade pública. O sindicato insiste en manifestar o seu desacordo co concerto destes ciclos formativos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...