Homesociedade21 adegas da D.O. Ribeira Sacra presentan 50 viños en Prowein

21 adegas da D.O. Ribeira Sacra presentan 50 viños en Prowein

A D.O.Ribeira Sacra regresa por quinta ocasión e despois de facelo por última vez no 2019, á Feira de Düsseldorf que este ano se celebra do 15 ao 17 de maio. Faino a través do ICEX con caseta propia no pavillón de España (Pavillón 13, caseta C 90-11).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de acudir a Vinexpo e Fenavin, Prowein é unha oportunidade excelente para promocionar e dar a coñecer os viños da Ribeira Sacra no mercado internacional, onde cada vez son máis demandados e valorados.

A D.O. Ribeira Sacra presenta nesta edición 50 viños, 8 viños brancos e 42 tintos, ambos de diferentes anadas e variedades, pertencentes ás seguintes adegas:

  1. Rectoral de Amandi SAU
  2. Tolo do Xisto S.L.
  3. Don Bernardino S.L.
  4. Régoa C.B.
  5. Marcos Fernández, Ramón
  6. Regina Viarum S.L.
  7. Rodríguez López, Víctor Manuel
  8. Moure Fernández, Rubén
  9. Verao Lópoz, Brais
  10. Bodegas Petrón S.L.
  11. Finca Míllara Bodegas y Viñedos S.R.L.
  12. Grupo Peago S.L.
  13. Adega Saíñas C.B.
  14. Terrazas de Outeiro S.L.
  15. Ronsel do Sil
  16. Pilares de Belesar S.L.U.
  17. Adega Ponte da Boga S.L.
  18. Rodríguez González, José Manuel
  19. Spanish Wine by Carlos Rodríguez S.L.
  20. Alma das Donas S.L.U.
  21. Dominio do Bibei S.L.U.

A seguinte cita internacional para a D.O. Ribeira Sacra será a London Wine Fair que terá lugar do 7 ao 9 de xuño.

Próximas citas D.O. Ribeira Sacra

Este ano recuperábase a normalidade na axenda de Feiras do Viño da D.O. Ribeira Sacra. Despois de celebrar a Feira do Viño de Amandi, a de Quiroga e a de Vilachá de Salvadur, os días 14 e 15 de maio celébrase a XXVII Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón e os días 3, 4 e 5 de xuño terá lugar a 39 Feira do Viño de Chantada, que tradicionalmente era a encargada de abrir o calendario de feiras e que nesta ocasión será a última en celebrarse.

Do 3 ao 5 de xuño a Ruta do Viño de Ribeira Sacra celebra xornadas de portas abertas con visitas a adegas, catas e degustacións, bus do viño e outras moitas propostas para en tres días achegarse a este territorio e aos seus viños. Contarase con descontos nos hoteis e servizos asociados á Ruta.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...

Unha ‘gran fonte’ transformará o Parque dos Condes de Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar un novo proxecto para a cidade. Trátase...