Homesociedade240.000€ da Xunta para o Viveiro de Empresas de Bóveda

240.000€ da Xunta para o Viveiro de Empresas de Bóveda

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación vén de conceder ao Concello de Bóveda unha axuda de 240.000 euros para crear un viveiro industrial de empresas no municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto contempla a construción dunha nave cunha superficie útil de 661,83 metros cadrados, que albergará catro despachos, zonas de servizos comúns e un taller de formación práctica. O Goberno galego asume o 80% do investimento previsto, que ascende a 300.000 euros.

A achega enmárcase na convocatoria para impulsar actuacións da construción, reforma ou equipamento interior de naves industriais para crear viveiros de empresas nos concellos galegos, dotada cun orzamento de 1,5 millóns de euros. A Xunta financia ata o 80% do custo cun límite de 240.000 euros.

Con esta orde de axudas, a Xunta busca mellorar a competitividade da oferta de solo empresarial galego como elemento dinamizador da economía e do emprego a través duns espazos físicos, os viveiros, que pretenden apoiar o nacemento de novas empresas de carácter industrial. Estas instalacións axudan, ademais, a dinamizar a economía dos concellos rurais, fixando emprego e poboación nestes territorios. A Xunta impulsa outras liñas de axudas para potenciar os parques empresariais galegos, unha delas para mellorar infraestruturas e outra para reforzar as redes de distribución eléctrica.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...