HomesociedadeDía Mundial sen Tabaco, "O tabaco unha ameaza para o noso medio...

Día Mundial sen Tabaco, “O tabaco unha ameaza para o noso medio ambiente”

A UAD de Monforte instalou unha mesa informativa no Centro de Saúde con motivo do Día Mundial sen Tabaco, para ofrecer aos cidadáns folletos e guías sobre o risco para a saúde e os beneficios económicos, ademais dos sanitarios, que poden conseguirse ao abandonar o consumo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Día Mundial Sen Tabaco celébrase en todo o mundo para informar ó público sobre os perigos que supón o consumo de tabaco, as prácticas comerciais das empresas tabacaleiras, as actividades da OMS para loitar contra a epidemia de tabaquismo, e o que as persoas de todo o mundo poden facer para reivindicar o seu dereito á saúde e a unha vida sa, e protexer ás futuras xeracións.

O lema neste ano é “O tabaco, unha ameaza para o noso medio ambiente”. A campaña ten por obxectivo sensibilizar ao gran público sobre o impacto ambiental que ten o tabaco, desde o seu cultivo e produción ata a súa distribución, sen esquecer os residuos que xera. Esta campaña dará aos consumidores de tabaco un motivo máis para deixalo.

A Asemblea Mundial da Saúde instituíu o Día Mundial sen Tabaco en 1987 para chamar a atención mundial cara á epidemia de tabaquismo e os seus efectos letais. A celebración deste día é unha oportunidade para destacar mensaxes concretas relacionadas co control do tabaco e fomentar a observancia do Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco. O consumo de tabaco é a principal epidemia previble á que se enfronta a comunidade sanitaria.

Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD)

Dentro das actividades realizadas pola Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) do Concello de Monforte, ademais da mesa informativa coa que traballaron hoxe, poderá visitarse unha exposición na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, composta por traballos realizados por usuarios de Centros de Día e Asociacións de toda a comarca de Lemos. A exposición permanecerá aberta dende o 1 ata o 16 de xuño.

Para máis información os interesados poden dirixirse ós servizos de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependendias do Concello de Monforte, situados na Praza da Estación, 17, no 982 400 495 e no correo electrónico uad@concellodemonforte.com

ÚLTIMAS

Este 6 de decembro celébranse os XII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

Todos os grupos pasarán ao longo do serán polos seis bares do municipio: Avenida,...

Festival solidario cos afectados pola Dana este 13 de decembro no pavillón do IES Río Cabe de Monforte

Este evento parte da iniciativa do alumnado do IES Río Cabe para crear unha...

20 persoas fórmanse nunha nova edición do Obradoiro de Emprego de Monforte

Nesta edición recibirán formación teórica e práctica 20 alumnos, nun obradoiro que conta con...

Sober dálle a ‘benvida ao Nadal’ co acendido de luces e un programa ‘moi musical’

O Concello de Sober dará por 'inaugurado o Nadal' o vindeiro 13 de decembro...