HomesociedadeDispositivo de seguridade para a romaría do San Mateo en Monforte

Dispositivo de seguridade para a romaría do San Mateo en Monforte

O 21 de setembro Monforte celebra a tradicional romaría do San Mateo na parroquia da Parte, un decorado natural onde conflúen os ríos Cabe e Mao e no que cada ano se xuntan ducias de familias.

Publicado o

- Advertisement -

Na reunión da Xunta Local de Seguridade para ultimar o dispositivo que se vai poñer en marcha para a romaría,  acordouse establecer un único sentido de circulación na estrada de acceso ao campo da festa. Contarase cunha ambulancia contratada polo Concello, por se fose preciso atender a algunha persoa. Tamén haberá un dispositivo contraincendios, no que colaborará a Consellería de Medio Rural cunha motobomba e cunha brigada.

O dispositivo de seguridade estará dirixido pola Policía Local, que contará coa colaboración da Policía Nacional e da Garda Civil de Tráfico. Os axentes da Garda Civil vixiarán as saídas e as entradas ao lugar da romaría. A noite do 20 de setembro, na que previsiblemente moita xente faga acampada, haberá xa unha patrulla da Policía Nacional na zona.

Desde o Concello desenvolvéronse traballos de limpeza e desbroce do treito que hai entre Ribasaltas e a igrexa da Parte. O obxectivo é ter o sendeiro en boas condicións para que os romeiros se animen a ir e volver a pé.

Mentres desde o PP local piden ao equipo de goberno que se fagan as xestións oportunas para contar con servizo de transporte público entre a cidade e a romaría como en anos anteriores.

Plano dispositivo de seguridade / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Completo programa para exaltar o aceite de Quiroga os días 14 e 15 de marzo

O sábado, 14 de marzo, a mostra abrirase co “III Congreso arredor do Aceite...

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...