IniciosociedadeIntelixencia artificial e dereito nas Xornadas Xurídicas de Sarria

Intelixencia artificial e dereito nas Xornadas Xurídicas de Sarria

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na inauguración das XV Xornadas Xurídicas Román García Varela de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto tivo lugar na Casa da Cultura sarriá e contou tamén coa presenza do Alcalde de Sarria, Claudio Garrido, do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, do voceiro do Consello Xeral do Poder Xudicial, Juan Manuel Fernández, do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e os directores das xornadas, entre outras autoridades.

As Xornadas Xurídicas de Sarria celébranse entre hoxe e mañá na Casa da Cultura da localidade, e pódense seguir en directo a través de YouTube grazas á retransmisión realizada polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, no marco da colaboración que a institución ten con esta prestixiosa cita. Este ano as conferencias das dúas xornadas terán recoñecemento universitario, de maneira que o alumnado da UNED de Lugo conseguirá 0,5 créditos.

Rivera Capón subliñou o apoio que a Deputación prestou dende o seu inicio á organización destas xornadas, “Un ano máis, Sarria e a provincia de Lugo convértense nunha cita obrigada do debate sobre a actualidade xurídica e os retos que a evolución social propón á ciencia do Dereito”, indicou. “Poucos temas de maior actualidade, con carácter xeral, que o desenvolvemento da intelixencia artificial, a combinación de algoritmos, redes sociais e as novas tecnoloxías está cambiando a relación e o funcionamento da sociedade”, apuntou.

O Deputado fixo fincapé que, como queda referenciado no enfoque das xornadas, “o uso da intelixencia artificial está chegando tamén ao mundo da Xustiza ou da investigación criminal. Sen dúbida, detallou, “ábrense enormes posibilidades á hora de xuntar probas, axilizar procesos ou acceder a un maior volume de datos” e,  á súa vez, indicou, “é noticia nos medios que as novas tecnoloxías están dando lugar a novos tipos de delitos para os que a sociedade necesita respostas eficaces e información fidedigna”.

SEGUIMENTO POR STREAMING

O Servizo de Audiovisuais da Deputación Provincial de Lugo, retransmitirá as sesións na canle de Youtube da Deputación de Lugo, de tal forma que todo aquel que o desexe poderá seguilas en directo. Estas son as ligazons das retransmisión:

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...