HomesociedadePódese aforrar na factura da luz?

Pódese aforrar na factura da luz?

A casa da cultura do concello de Sober acolle este xoves 20 de setembro ás 20.00 h. un acto no que abordar como aforrar na factura da  luz.

Publicado o

- Advertisement -

O acto organizado por En Marea servirá para analizar a situación do sector enerxético. O 8 de outubro remata o prazo para acollerse ao bono social e, entenden desde En Marea, que a maioría dos fogares que terían dereito a el non o teñen solicitado. Lembran que se non se solicita, pérdese a prestación e elevarase máis a factura da luz. Co encontro queren tamén dar a coñecer os excesos dos tipos de tarifas e contratos enerxéticos da actualidade e tratar a posibilidade de obter unha mellora no aforro da factura. Por iso, convidan a acudir a todos os interesados con dúbidas e propostas sobre o tema e lémbranlles que leven o recibo da luz.

A xuntanza aproveitarase para achegar aos presentes a Proposición de Lei para paliar a pobreza enerxética  que fai En Marea. Con ela, din que se pode acadar unha mellora significativa para os fogares máis vulnerables.

Do encontro participarán o deputado de En Marea encargado da área de Enerxía, Pancho Casal, e o economista Adrián Dios, de Nosa Enerxía. Presenta, a deputada de En Marea Paula Vázquez Verao.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...