IniciosociedadeO paro baixa en maio na zona centro sur con 71 parados...

O paro baixa en maio na zona centro sur con 71 parados menos

A secretaría de acción sindical CCOO Lugo valora moi positivamente a baixada do paro. Os datos son os seguintes: na provincia son 1.399 parados, 253 menos e en Lugo-centro-sur son 3.055, 71 parados menos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada o paro é de 2.151 persoas, baixando en 57. Na comarca de Lemos 1.407 parados, 32 menos, na comarca Chantada 508 parados, 28 menos e na comarca de Quiroga 236 parados, baixando en 14. Na comarca de Sarria con 904 parados, 14 menos.

Desde CCOO valoran satisfactoriamente “o desmantelamento da precariedade laboral xa que a reforma laboral logrou no que vai de ano 2022 pasar dun 9% de contratación indefinida a máis do 47%.”

Os datos do paro por concellos no mes de maio son os seguintes:

  • Sarria 662 (-9)
  • O Inicio 49 (-1)
  • Láncara 88 (+2)
  • Paradela 24 (-1)
  • O Páramo 30 (=)
  • Samos 31 (- 1)
  • Monforte de Lemos 1101 (- 11)
  • Bóveda 37 (- 3)
  • Pantón 87 (-3)
  • O Saviñao 132 (- 6)
  • Sober 7 (-6)
  • A Pobra do Brollón 63 (-3)
  • Chantada 370 (-11)
  • Taboada 76 (-15)
  • Carballedo 62 (-2)
  • Quiroga 156 (-15)
  • Folgoso do Courel 39 (+3)
  • Ribas de Sil 41 (-2)

Desde a secretaria de acción sindical de CCOO Lugo destacan ao concello de Quiroga co mellor dato cunha redución de 15 parados respecto ao mes anterior e o concello con peor comportamento foi Folgoso onde se contabilizaron 3 parados máis que o mes anterior. Desde o sindicato aseguran estar seguros de que continuará a tendencia positiva nos próximos meses.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...