HomesociedadeUn millón de euros da Deputación para abrir este ano a residencia...

Un millón de euros da Deputación para abrir este ano a residencia de Ribas de Sil

A Deputación de Lugo licita por un importe conxunto de case 1M€, os contratos para a dotación de equipamento da residencia, que sae a contratación por 332.000€, e para a prestación dos servizos básicos, cun orzamento de 610.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O contrato de equipamento divídese en cinco lotes: mobiliario xeral; equipos médicos e axudas técnicas; lavandería; cociña; e cortinaxe. O prazo de entrega do material, unha vez asinado o contrato, será de dous meses. No caso das prestacións básicas, o período de vixencia do contrato irá dende o vindeiro mes de setembro ata xuño do 2023, coa opción de tres prórrogas anuais. “Son dous pasos determinantes para poder poñer en funcionamento a residencia de Ribas de Sil”, apuntou García Porto.

En convenio co concello de Samos, a Deputación aportará ao concello 205.730€ para acometer a mellora dos accesos aos núcleos de Lastres, Bustofrío, Gosende e Outonín; para renovar a pavimentación da vía que conecta A Veiga e Sivil e do camiño de Lulle a San Román; e para a renovación do abastecemento de auga en Vilaceite e Lamartín.

A Xunta de Goberno aprobou concorrer a una nova liña de axudas de fondos europeos para o financiamento de proxectos innovadores impulsados por entidades locais que teñan como obxectivo a transformación territorial, a reactivación da actividade socioeconómica e a loita contra o despoboamento.

A Deputación presentará unha solicitude de medio millón de euros a esta convocatoria para desenvolver un proxecto de carácter demostrativo, que consistirá na creación de tres oficinas técnicas noutros tres puntos distintos da provincia, “dende as que se prestará asesoramento gratuíto e soporte a proxectos tractores que reactiven a actividade socioeconómica e que fomenten a creación e o desenvolvemento de ecosistemas de intelixencia e innovación territorial”.

“En cooperación cos respectivos concellos, as oficinas servirán como punto de apoio local para a atracción de novos veciños e veciñas, e servirán tamén de acollida e integración da poboación migrante, e para impulsar actuacións dirixidas ao desenvolvemento económico endóxeno”, detallou a Deputada.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...