HomesociedadeA Xunta organiza en Sober dous cursos para a xestión de empresas...

A Xunta organiza en Sober dous cursos para a xestión de empresas do sector vitivinícola

Os cursos terán lugar o 27 e 30 de xuño e levaranse a cabo na sede da Fundación Belarmino Fernández Iglesias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza dous talleres prácticos de ferramentas para a xestión de empresas vitivinícolas. Ambos cursos celebraranse na sede da Fundación Belarmino Fernández Iglesias, no concello de Sober.

Así, o día 27 de xuño terá lugar o curso que versará sobre as distintas ferramentas para iniciar a internacionalización das empresas vitivinícolas. Esta acción pretende proporcionar aos alumnos coñecementos e ferramentas básicas para a comprensión das oportunidades dos mercados exteriores nas empresas vitivinícolas. O taller práctico instruirá aos alumnos nas claves para ter unha boa estratexia para exportar o seu produto e ter unha visión internacional do sector do viño galego. A súa duración total será de 5 horas cun horario de tarde, das 16:00 ás 21:00 horas.

Por outra banda o día 30 de xuño celebrarase un obradoiro no que se proporcionará ao alumnado coñecementos e ferramentas básicas no relativo ás redes sociais e a creación de contido de valor, a nivel xeral, para aproveitar as ferramentas e optimizar o tempo de dedicación ás redes da empresa. A súa duración é de 5 horas en horario de mañá, das 9:00 ás 14:00 horas.

Nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 460 469, ou enviarse un correo a cpr.belarmino@edu.xunta.gal.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...