HomesociedadeO 27 de xuño abre o prazo de matrícula para os Cursos...

O 27 de xuño abre o prazo de matrícula para os Cursos de Verán do Conservatorio de Monforte

O prazo de inscrición abrirase a partir do luns, 27 de xuño, ata o 12 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os cursos vanse desenvolver en diversas semanas tanto no mes de xullo coma no de agosto, algo que en anteriores anos só se celebraba no mes de xullo. Desde o concello aseguran que manteñen a celebración durante dous meses motivados polas necesidades de conciliación familiar dos monfortinos e monfortinas.

O prezo dos cursos de verán de danza e música, que se desenvolverán no Conservatorio Municipal “Mestre Ibañez” será de 25 euros, podendo elixir ata un máximo de dúas materias, de música, danza ou ambas. Poderán participar en máis materias cubrindo outra solicitude. O nivel das diferentes materias será de iniciación ou avanzado. Cada materia terá unha duración dunha hora que se elixirá no momento da inscrición

A inscrición realizarase na ventanilla da oficina de Rexistro do Concello de Monforte en horario de mañá, aportando a solicitude debidamente cuberta e reservando no momento da inscrición a praza concreta co seu horario específico.

As MATERIAS DE INSTRUMENTO diríxense a maiores de 6 anos de idade e constará de obradoiros de práctica instrumental de especialidades como, guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta, trompa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro, tambor..). Para inscribirse nas materias de instrumento será indispensable que o alumno aporte o seu propio instrumento persoal, agás en piano e percusión. En piano será preciso traer auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos e alumnas de ata 7 anos. Polo que respecta á DANZA, formaranse distintos obradoiros por idades en danza tradicional galega, moderna e clásica.

Axenda

Música:

  • *Piano 1º grupo: a partir de 6 anos, celebrarase do 4 ó 8 de xullo e contará con 9 prazas.
  • Guitarra eléctrica e acústica: a partir de 6 anos, celebrarase do 11 ó 15 de xullo e contará con 6 prazas.
  • Violín: a partir de 6 anos, celebrarase os días 18 a 22 de xullo e contará con 6 prazas.
  • Vento metal/ Trombón, Trompeta: a partir de 6 anos, celebrarase os días 4, 5, 6, 11 e 12 de xullo e disporá de 6 prazas.
  • *Piano 2º grupo: a partir de 6 anos, celebrarase do 18 ó 22 de xullo e contará con 9 prazas.
  • Percusión moderna: a partir de 6 anos, celebrarase os días 30 de xuño e 1, 7, 8 e 14 de xullo, e disporá de 6 prazas.
  • Saxofón: a partir de 6 anos, celebrarase os días 27, 28, 29 de xullo e 1, 2 de agosto e contará con 6 prazas.         
  • Guitarra: a partir de 6 anos, celebrarase do 18 ó 22 de xullo dispoñendo de 6 prazas.
  • Gaita e frauta doce: a partir de 6 anos, celebrarase do 22 ó 26 de agosto e disporá de 10 prazas
  • *Piano 3º grupo: a partir de 6 anos, celebrarase do 1 ó 6 de agosto e contará con 9 prazas.
  • Percusión tradicional: a partir de 6 anos, celebrarase do 22 ó 26 de agosto e disporá de 10 prazas.
  • Clarinete: a partir de 6 anos, celebrarase do 22 ó 26 de agosto e disporá de 6 prazas.
  • Frauta travesa: a partir de 6 anos, celebrarase do 22 ó 26 de agosto e disporá de 6 prazas.
  • *Piano 4º grupo: a partir de 6 anos, celebrarase do 22 ó 26 de agosto e contará con 9 prazas.
  • *En piano será preciso aportar auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos/as de 6 e 7 anos.

Danza:

Para as materias de danza tradicional e moderna será preciso que os alumnos e alumnas traian as súas propias zapatillas deportivas e en ballet clásico, zapatillas de media punta.

  • Danza tradicional galega: de 6 a 9 anos, terá lugar do 8 ó 12 de agosto, con 12 prazas.
  • Danza tradicional galega: a partir de 10 anos, terá lugar do 8 ó 12 de agosto, con 12 prazas.
  • Danza moderna: de 6 a 9 anos, terá lugar do 22 ó 26 de agosto, con 12 prazas.
  • Danza moderna: a partir de 10 anos, terá lugar do 22 ó 26 de agosto, con 12 prazas.
  • Ballet clásico: a partir de 6 anos, terá lugar do 22 ao 26 de agosto, con 12 prazas.

ÚLTIMAS

Premios da XXVIII Cata do Viños da Ribeira Sacra

Este venres pola tarde levouse a cabo a entrega de galardóns da XXVIII Edición...

Máis fondos para mantemento de camiños rurais reclama o PP de Monforte

Os camiños rurais, explican desde o PP; son esenciais para vertebrar e conectar núcleos...

Fin de semana de festas patronais en Oural

A Xunta de Galicia colabora coas festas patronais de Oural, en Sarria, que se...

Carrilanas e xogos tradicionais en Folgoso do Courel

Un ano máis, o Concello de Folgoso do Courel dedícalle unha xornada ás tradicións...