HomesociedadeI Concurso de Tapas de Carballedo no mes de xullo

I Concurso de Tapas de Carballedo no mes de xullo

O concello de Carballedo organiza durante o mes de xullo o I Concurso de Tapas, que se desenvolverá os días 1, 2 e 3; 8, 9 e 10 e 15, 16 e 17.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro mes de xullo o Concello de Carballedo organizará un concurso de tapas con oito establecementos participantes. Os días 1, 2 e 3 participarán Os Roxos e O Galleiro (Tolda); os días 8, 9 e 10, O Xugo (Peares) e O Ribeiro (Castro) e os días 15, 16 e 17 participarán Luscofusco, Acuario, Berello e Calviño (A Barrela-Estivada).

As tapas estarán dispoñibles os venres e sábados desde as 19:00 e os domingos desde as 12:00 e desde as 18:00.

Desde o concello amósanse satifeitos da “gran acollida de participación e invitamos a tod@s @s veciñ@s deste concello e de concellos cercanos a vir degustar e gozar da festa que levaremos a cabo nestas tres fins de semana no noso concello.” Ademais de gastronomía as tardes do sábado estarán amenizadas pola Big Band Charanga!.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...