HomesociedadeTriacastela celebra o 16 de xullo a 3ª Festa do Peregrino

Triacastela celebra o 16 de xullo a 3ª Festa do Peregrino

O Concello de Triacastela celebrará o vindeiro, 16 de xullo, a terceira edición da Festa do Peregrino, cuxo pregón correrá a cargo do xornalista, investigador e técnico do Xacobeo, Manuel F. Rodríguez, natural de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración da 3ª Festa do Peregrino dará comezo ás 11:30 horas coa apertura dos postos de artesanía na Praza da Deputación e animación na rúa a cargo do grupo Gaitas Xiada e Panderetas Xiadiña.

Ás 12:00 horas farase a inauguración da exposición ‘Cova Eirós’ na Fonte do Lunar. Ás 12:30 horas levarase a cabo a presentación do libro da autora local, Mirella López Díaz, ‘Breicar en el Camino de Santiago’.

De seguido, Manuel F. Rodríguez pronunciará o seu pregón ás 13:00 horas. O Goberno local destaca do pregoeiro a dilatada traxectoria de promoción cultural, asociacionismo e investigación e, sobre todo, o seu traballo a prol da promoción e mantemento do Camiño de Santiago a través da súa participación na xestión do Plan Xacobeo.

Ás 16:00 horas será quenda do obradoiro creativo ‘Escultura Kaos’ e ás 17:00 horas levarase a cabo o taller de impresión de papel ‘Amorote’.

Ás 19:00 horas haberá un espectáculo de títeres tradicionais, ‘Dona barriga verde’ a cargo de Larraitz Urruzola. A xornada remata coa actuación musical da banda de rock ‘Sound Sisters’.

A rexedora, Olga Iglesias, anima a participar neste evento que pretende ”manter viva a chama do Camiño Francés” e enxalzar ”a tradición xacobea de Triacastela, final de etapa dende o Códice Calixtino. Vai ser unha homenaxe ao Camiño e a todas as persoas relacionadas con el, tanto as da localidade como as que cada ano chegan ata Triacastela”, afirma. Destaca ademais a importancia de contar cun programa pensado para todos os públicos e de todas as idades.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...