HomesociedadeNova Casa Niño en Eirexalba para mellorar a conciliación no Incio

Nova Casa Niño en Eirexalba para mellorar a conciliación no Incio

Johanna López é a promotora da Casa Niño 'Cabianca', que no curso 22-23 abrirá as súas portas no local social de Eirexalba (O Incio).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A promotora escolleu o nome de ‘Cabianca’ para o seu proxecto por ser o nome dunha das fincas de toda a vida da casa do seu avó. Un recordo que ten ela desde nena, escoitar “vamos a Cabianca apañar castañas”.

Johanna López agradece a boa acollida que tivo por parte dos veciños e veciñas e o ben que están respondendo á iniciativa.

Estas semanas faranse as obras de adaptación do espazo da Casa Niño para que estea lista de cara ao vindeiro curso.

En cada casa niño unha profesional atende a 5 pequenos de entre 0 e 3 anos, de luns a venres, para que as súas familias poidan conciliar a vida laboral e os pequenos estean coidados e xoguen coas actividades que os estimulen.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...