HomeEconomíaO ministro Planas inicia un percorrido por Galicia reivindicando o potencial da...

O ministro Planas inicia un percorrido por Galicia reivindicando o potencial da Ribeira Sacra en Monforte

Na súa intervención, Planas destacou que os viños da Ribeira Sacra "impóñense cada vez en moitos máis mercados e con moita razón" e lembrou as críticas favorables que se poden ler en publicacións como o Financial Times, que lle fan sentir "orgullo".

Publicado o

- Advertisement -

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, reivindicou a potencialidade do viño da Ribeira Sacra durante unha visita institucional ao Concello de Monforte de Lemos, onde foi recibido polo rexedor, José Tomé. Ambos destacaron que había 13 anos que un ministro non acudía a este municipio.

Planas arrinca así un percorrido que este mércores o levará a Lugo e a Burela para abordar cuestións do sector agroalimentario e nas que, como avanzou este martes en declaracións aos medios, reivindicará os paquetes de medidas do Goberno central para paliar a situación derivada da crise de prezos pola invasión rusa en Ucraína.

Na súa intervención, Planas destacou que os viños da Ribeira Sacra “imponse cada vez en moitos máis mercados e con moita razón” e lembrou as críticas favorables que se poden ler en publicacións como o Financial Times, que lle fan sentir “orgullo”.

Intervención de Luis Planas / XdL

Planas visitará o laboratorio de sanidade vexetal en Lugo e acudirá a Burela para manter encontros sectoriais. Ligado a iso, lembrou a “resposta” do Goberno de 169 millóns de euros para o sector lácteo, os 193 euros para o cárnico e os máis de 78 millóns para o sector pesqueiro por mor da situación da alza de prezos e custos de produción.

“Son un gran defensor de todo o sector agroalimentario, non só de consumo interior, senón de exportación”, apuntou Luis Planas, quen lembrou que dos 110.000 millóns, 62.000 millóns son de exportacións. Así, dixo que “producións como as desta comarca” de Lemos “están chamadas a xogar un papel moi importante” neste contexto.

Pola súa banda, o alcalde de Monforte, José Tomé, agradeceu a visita á capital da comarca de Lemos e explicou que na reunión co ministro vaille a achegar información e mesmo algunha idea sobre o sector agrario. Ademais, convidou ao ministro a “vir gozar” de Monforte como particular, á marxe da visita como ministro.

ÚLTIMAS

Por Chantada denuncia as incidencias eléctricas no municipio con horas sen luz e esixe responsabilidades

A formación política asegura non entender que "nun dos Concellos que máis enerxía produce...

270.000€ para dotar de luminarias a ronda urbana e o paseo fluvial de Monforte

Por unha banda actúase no tramo da ronda urbana comprendido entre a rotonda do...

240 alumnos de 0 a 3 anos disporán no curso 2026-2027 de educación gratuíta na zona sur de Lugo

O prazo para formalizar a matrícula nas escolas infantís autonómicas rematou o pasado venres,...

Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Danza de Monforte

As alumnas do centro ofreceron unha demostración do traballo realizado durante o curso nas...