HomesociedadeA Deputación renova outro tramo da estrada de Pedrafita a Seoane

A Deputación renova outro tramo da estrada de Pedrafita a Seoane

A Deputación de Lugo iniciou esta semana as obras de renovación doutro tramo da LU-P-1301, que conecta os concellos de Pedrafita do Cebreiro e Seoane do Courel e nas que a institución provincial inviste preto de 300.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes traballos afectarán ao tramo que vai dende o punto quilométrico 8,670 ao 10,700, e que terán un prazo de execución de 12 meses. Ampliarase a estrada, pasando dos actuais 4 metros ata os 5,5 metros de ancho. Tamén se farán tarefas de drenaxe, afirmado, pavimentación e sinalización horizontal e vertical.

Ademais, vanse colocar balizas de neve, paneis direccionais, fitos quilométricos, carteis e novos tramos de barreira metálica de seguridade. Tendo en conta que as actuacións se fan na súa totalidade nunha zona que pertence á Rede Natura 2000 dos Ancares, búscase realizar unha actuación cun impacto medioambiental mínimo.

Estas actuacións forman parte das obras de rehabilitación dos 6 quilómetros que quedaban pendentes nesta estrada entre Pedrafita e Seoane, e que se suman ás xa rematadas entre os puntos quilométricos 10,700 e o 12,591, ás que destinou outros 245.000€. Xa están licitados tamén os traballos de mellora do treito que vai do punto quilométrico 7,350 ao 8,670 e que contan cun orzamento de máis de 235.000€. A institución provincial destina en total preto de 1M€ a esta estrada para arranxar neste mandato os 6 quilómetros que quedaban pendentes para a súa rehabilitación completa.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...