A II edición do Camiño Creativo xa chegou á Ribeira Sacra

Despois de afondar con diferentes profesionais no patrimonio das Médulas e en Innovación Social no Barco de Valdeorras e A Rúa, o 12 de xullo era o turno para Literatura e Patrimonio Inmaterial en Quiroga, coa participación de Olga Novo, Elba Pedrosa, Celia Díaz e Eva Teixeiro.

Museo xeolóxico de Quiroga visita Camiño Creativo / Facebook camiño creativo

Este día 13 as actividades trasládanse a Vilachá de Salvadur na Pobra do Brollón. Terán visita cultural a partir das 18:00, cea no furancho O Currio, para rematar a partir das 22:00 cunha noite de lendas, poesía e luz.

Os día 14 e 15 é o turno para Monforte co Cinema e o Audiovisual. O xoves, 14 xullo, ás 22:00h terá lugar na praza Campo de San Antonio, unha sesión de Cine Verán ó aire libre coa proxección de VALENTINA, que foi  galardoada coma Mellor Película de Animación nos premios Goya 2022. A entrada é aberta e gratuíta para  toda a poboación. Ademais da proxección da película, celebrarase un Coloquio Aberto coa súa directora, a cineasta Chelo Loureiro.

O venres, 15 xullo, terá lugar un Obradoiro de Branding para o desenvolvemento da marca persoal e de negocio para emprendedores, coa presencia de Jorge de Amescua, director de Trivu. Este encontro terá lugar ás 16:00h, no Museo do Viño. Este obradoiro tamén é aberto e de interese para calquera negocio ou emprendedor que estea interesado.

Este mesmo venres, de 19:00h a 21:00h, o Museo do Viño de Monforte acollerá un encontro de profesionais do cine e audiovisual da Ribeira Sacra, no que xa se deron cita documentalistas como David Pinancho ou a Némesis Audiovisual. O encontro é aberto aos profesionais deste sector que terán unha sesión de networking tb cos emprendedores do Camiño Creativo.

As seguintes citas nos concello da Ribeira Sacra serán: As Artes Plásticas e Agricultura no Saviñao (16 xullo) cun charla experiencial do pinto Modesto Trigo, ás 20:00 no audiorio do Saviñao. No auditorio de Chantada o 18 xullo, a partir das 16:00 terá lugar o obradoiro “Desenvolvemento Funcional (II): Plan de Producción e Análise de Costes” coa consultora en Estratexia Empresarial, Carolina Luis-Bassa. Ás 19:00 celebrarase a charla experiencial “Cultura e Agricultura. Cara un novo encontro entre Arte e Natureza”.

As distintas actividades destínanse á trintena de empendedores inscritos para crear o seu plan de negocio, pero están abertas ao público interesado. Calquera emprendedor poderá unirse en calquera das etapas do Camiño Creativo que coincide co Camiño de Inverno de Galicia. O prazo de inscrición permanecerá aberto ao longo dos 20 días que dura o camiño.

O Camiño Creativo – XACOBEO21 Emprende! nace para impulsar o emprego e dinamizar o talento emprendedor no marco do Xacobeo 2021 e 2022, nun escenario de crise económica, cultural, social, ambiental e emocional sen precedentes. Trátase dunha iniciativa deseñada desde España Creativa e impulsada desde a Rede de Cidades e Territorios Creativos de España (RECITCREA).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here