HomesociedadeEn dúas semanas abrirase ao tráfico o acceso provisional a Folgoso do...

En dúas semanas abrirase ao tráfico o acceso provisional a Folgoso do Courel

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar os traballos de asfaltado da nova vía que dará acceso provisional a Folgoso do Courel como alternativa ao treito cortado da estrada LU-651, e que se abrirá ao tráfico en dúas semanas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou na mañá deste xoves a marcha das obras xunto coa alcaldesa, Lola Castro, e sinalou que se mantén a previsión de poñela en servizo na última semana deste mes.

O Goberno galego está a investir 917.000 euros na construción desta vía  provisional, que ten unha lonxitude de 740 metros e facilitará a circulación entre Folgoso e Quiroga. Actualmente o tráfico está desviado pola estrada provincial que pasa pola Campa e Vidallón pero non ofrece a suficiente funcionalidade, en especial para os vehículos pesados.

Nova estrada Folgoso / Delegación Territorial

Paralelamente, a Consellería está a avanzar nos traballos para definir a mellor alternativa para a restitución definitiva do treito da LU-651 que permanece cortado ao tráfico desde o pasado 20 de marzo, por mor do desprendemento rexistrado á altura do quilómetro 18 na zona de Santa Eufemia.

Ao respecto, Arias subliñou “a rapidez coa que actuou a Xunta para achegar unha resposta rápida que resolvera canto antes os problemas de conexión de Folgoso, mentres se traballa na solución definitiva”.

ÚLTIMAS

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...

O novo episodio de “Folcast” ten como protagonista a Terra de Lemos

O novo episodio de "Folcast" conta coa condución de Xosé Gago e Vanesa de...