HomesociedadeO 16 de xullo II Romaría Galeguista no Faro

O 16 de xullo II Romaría Galeguista no Faro

Por Chantada recupera a subida ao Faro para celebrar este sábado a II Romaría Galeguista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A romaría celebrarase este sábado, 16 de xullo, xuntándose ás 12:00 na capela para ás 14:00 xantar no Campo das Pipas.

Desde Por Chantada escollen esta data para esta celebración porque, “Recuperamos unha tradición das mulleres e homes do Partido Galeguista de Chantada, formación que chegou a reunir máis de 90 afiliacións nos meses previos ao referendo do Estatuto de autonomía hai agora 86 anos. Aqueles devanceiros subían na véspera do 25 de xullo, hoxe oficialmente Día nacional da Galiza, ao Faro desde onde enxergaban o mañá que arelaban, unha Galiza ceibe de caciquismo e sen oprobio, dona de si e con capacidade de decidir, o que se traduciría na loita polo estatuto de autonomía.”

Para anotarse ao xantar de campo hai que poñerse en contacto co teléfono 687 858 164 (Whats app) ou no enderezo electrónico cupchantada@gmail.com

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...