HomesociedadeOcupación ao 72% nos aloxamentos da Ribeira Sacra

Ocupación ao 72% nos aloxamentos da Ribeira Sacra

Na ponte do 25 de xullo a ocupación rondou o 84%, destacando o Turismo Rural cun 91% de ocupación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cos datos recollidos ata o de agora polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, a porcentaxe de ocupación nos aloxamentos de Ribeira Sacra no mes de xullo rozou o 72%. Nos Hoteis de 3 e 4 estrelas foi 80 %, no Turismo Rural do 73%, nas Vivendas Turísticas e de Uso Turístico do 55% e noutros aloxamentos do 80%.

Nestes datos provisionais a ocupación é un 11% superior ás previsións que os establecementos tiñan a finais de xuño. Como é habitual no verán, apenas se aprecian diferenzas na ocupación entre os días laborais e as fins de semana. A ocupación cae lixeiramente en relación 2021 e sitúase preto do ano récord en ocupación, o 2019. Os establecementos recibiron algunhas cancelacións e peticións para reducir os días de pernocta, os aloxamentos consideran que a explicación a isto está no contexto socioeconómico actual e especialmente na inflación e a incerteza que se está a estender. “Os últimos datos que se están a dar a nivel nacional recollen que un 30% dos españois cancelaron as súas vacacións nas últimas semanas e outros están a optar por retrasalas a datas con mellores prezos ou optan por aloxarse menos noites. Ribeira Sacra depende do mercado nacional, polo que esa tendencia repercute directamente”, sinalan desde o Consorcio.

As previsións de ocupación para o mes de agosto no conxunto de aloxamentos son do 73%:

     * Hoteis 3 e 4 estrelas: 76%
     * Turismo Rural: 88% 
     * Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 54% 
     * Outros aloxamentos: 75%

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...