IniciosociedadeClausurado o Programa Deportivo de Verán de Monforte

Clausurado o Programa Deportivo de Verán de Monforte

Das 360 prazas ofertadas para os Campamentos Deportivos cubríronse 340. No caso do Campus de fútbol do R.C. Celta de Vigo-Concello de Monforte, foron cubertas o 100% das prazas ofertadas, nos cursos de tenis, finalmente foron 19 as prazas das que gozaron os nenos e nenas monfortinos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega hoxe no pavillón da Pinguela dos diplomas acreditativos ós nenos e nenas que participaron na terceira e última quincena do Campamento Deportivo de Verán do Concello de Monforte.

O rexedor monfortino resaltou “o éxito rotundo da edición deste ano no que son as actividades tanto do Campamento Deportivo de Verán que vimos de clausurar, como do Campus de fútbol que organizamos co R.C Celta de Vigo, e os cursos de tenis, actividades nas que participaron un total de 459 nenos e nenas”.

A boa participación supón que se cumpriu o obxectivo de facilitar a conciliación das familias no período de vacacións escolares, “e, sobre todo, para que os nenos e nenas de Monforte poidan disfrutar das súas vacacións practicando as actividades que máis lles gustan”, salientou José Tomé.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...