HomesociedadeUnha cita coa artesanía en Cadeiras, Sober

Unha cita coa artesanía en Cadeiras, Sober

Será o 20 de agosto e contará coa participación de dezasete artesáns. Como actividade complementaria haberá tres obradoiros de balde relacionados cos xoguetes de madeira, a olaría e a cerámica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras o éxito da edición do ano pasado, Artesanía de Galicia repetirá experiencia o vindeiro día 20 de agosto en Cadeiras, no Concello de Sober.

O encontro de artesáns, no que hai anotados 17 expositores anotados, dará comezo ás 11:00 horas e desenvolverase ata as 21:00 horas.

Ademais da posibilidade de poder visitar os stands dos artesáns presentes na mostra, haberá os seguintes obradoiros gratuítos para toda a familia: Iniciación á olería de Gundivós, Remate de xoguetes de madeira e Inicación ao torno cerámico.

ARTESÁNS

Neste segundo encontro de artesáns, no fermoso santuario da Nosa Señora de Cadeiras de Sober, dezasete son os creadores e as creadoras que amosarán os seus mellores traballos: Armaior, Artesanía Enxebre, Bangus, Bisutetoka, Blaurtopías, Cabuxa, Ceniza de papel. En Lá, Cerámica castrexa de Castrolandín, Enxógate, Figulus olaría tradicional de Ribeira Sacra, La bellota mágica, Mascera.es, Noga arts joyería de autora, Olería de Batán e Senda Cuero Tejeluz.

O artesán Tomás López, de Figulus olaría tradicional da Ribeira Sacra será o encargado de impartir o ‘obradoiro de olería de Gundivós‘ en horario de 11:00 a 14:00 h. pola mañá e de 16:00 a 21:00 h. pola tarde.

No obradoiro de ‘remate de xoguetes de madeira’ o encargado da formación será Guillermo Silvent, de ‘Artesanía Silvent’. O horario de desenvolvemento do mesmo será o mesmo que no anterior.

O obradorio de ‘Iniciación ao torno cerámico’ será impartido pola Asociación Galega de Cerámica e outras Artesanías, A Escola (Gondomar)

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...