Os amantes das emocións fortes teñen unha ocasión de probar unha nova atracción en Monforte grazas ao Centro Comercial Urbano (CCU). Será a primeira vez que se desenvolvan dúas actividades que farán gozar aos máis pequenos pero tamén aos non tan pequenos da casa. Trátase dunha Gymkhana de 70 metros de lonxitude cun circuíto inchable que inclúe diferentes atrancos e unha ‘Jumping acrobática’ composta por 4 camas elásticas con arneses de seguridade.
As dúas actividades que propón e organiza a asociación de comerciantes de Monforte serán na Praza da Compañía, entre o 24 e o 28 de agosto, están cofinanciadas pola Xunta de Galicia e contan coa colaboración do Concello de Monforte.
GYMKHANA DO CCU E JUMPING ACROBÁTICO
A gymkhana ten 70 metros de inchables e 7 obstáculos diferentes: tobogán caída libre, habilidade, reptar, dificultade, escalada con tobogán, whipeout e mini rocódromo. Esta aventura recoméndase para persoas con idades comprendidas entre 5 e 99 anos.
O Jumping Acrobático está composto por 4 camas elásticas de 3 metros de diámetro con gomas e arneses de seguridade. Idades aptas: de 5 a 40 anos.
COMO CONSEGUIR UNHA ENTRADA?
Sendo actividades organizadas polo comercio asociado de Monforte coa finalidade de premiar aos seus clientes e dinamizar o comercio local, as entradas só se poden acadar facendo unha compra mínima de 10 euros nalgún dos 155 establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte. Cada entrada dá acceso de balde a unha actividade, a escoller entre a GymKhana ou o Jumping Acrobático.
Dende a organización recomendan tamén seguir as redes sociais do CCU de Monforte en Instagram, Facebook e Twitter onde é posible conseguir entradas polo feito de ser seguidor e interactuar.
HORARIOS
Tanto a Gymkhana como o Jumping Acrobático, estarán abertos ao público no seguinte horario:
-Mañás: de 11:00 h. a 14:00 h.
-Tardes/Noites: de 18:00 h. a 23:00 h.