IniciosociedadeO 20 de agosto, II encontro Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra

O 20 de agosto, II encontro Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra

O obxectivo do encontro, que se celebra durante toda a xornada do 20 de agosto de 11 da mañá a 9 da noire no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras (Sober), é impulsar a comercialización do produto artesán galego e a difusión dos oficios tradicionais

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organiza o próximo sábado 20 de agosto a segunda edición do encontro Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra.

Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra é un evento de comercialización directa e de divulgación dos oficios artesanais no que participan 22 obradoiros da marca Artesanía de Galicia. Os 19 expositores que comercializan as súas pezas neste evento representan 11 oficios diferentes: a marroquinería, a madeira, a elaboración de roupa, o pirogravado, a cerámica, o téxtil, a olería tradicional, a xoiería, os xoguetes, a bixutería e o vidro.

Os obradoiros que participan como expositores, moitos deles procedentes da zona da Ribeira Sacra, son os obradoiros de Monforte de Lemos Bisutetoka e En Lá; Artesanía Enxebre de Valdeorras (O Barco de Valdeorras); os obradoiros Artesanía Armaior e Enxógate, de Quiroga; Figulus Olaría Tradicional da Ribeira Sacra (Sober); Bangus (Ourense); os obradoiros Ceniza de papel e La Bellota Mágica, de Lugo; Mimacuir (Taboada); Senda Cuero (A Pobra de Brollón); Olería do Batán (Baños de Molgas); Noga Arts. Joyería de Autora (Santiago de Compostela); Soledad Mato (Oroso); Tejeluz, Arte en vidro (Boiro); Cerámica Castrexa de Castrolandín (Cuntis); Cabuxa (Tui); Blaurtopías (Vigo) e Ivindi (O Rosal).

Enxógate. Foto: A. Fdez.

Ao longo de toda a xornada celebraranse tamén tres obradoiros gratuítos e abertos ao público que se achegue ata os pendellos de Cadeiras, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. A Asociación Galega da Cerámica e outras artesanías A Escola (Gondomar) encargarase dun obradoiro de iniciación ao torno cerámico, dirixido polos artesáns Susana González, do obradoiro Terralume (A Coruña), e Antón Román (Gondomar), no que os asistentes coñecerán as principais características das pezas máis representativas da olería tradicional galega e elaborarán algunhas destas pezas en barro. Unha destas olerías, a de Gundivós (Sober), será o centro doutro dos obradoiros abertos ao público que se desenvolverán o sábado, e que estará impartido por Tomás López, un dos artesáns do obradoiro Figulus Olaría Tradicional da Ribeira Sacra (Sober). Por último, Guillermo Silvent, do obradoiro Artesanía Silvent (Caldas de Reis) encargarase dun obradoiro de remates de xoguetes de madeira.

Con esta iniciativa búscase dar respaldo ao sector artesán galego na súa adaptación a novos hábitos de consumo e a novas fórmulas de comercialización dos seus produtos. Así mesmo, o feito de incluír obradoiros abertos para todos os públicos contribúe a achegarlle a artesanía á sociedade, especialmente aos máis novos, a visibilizar a marca Artesanía de Galicia, os oficios artesanais e a fomentar o relevo xeracional.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....