Homesociedade‘The Lioness Treasure’ este venres no ciclo ‘Solpor Hermida’

‘The Lioness Treasure’ este venres no ciclo ‘Solpor Hermida’

O dúo sarriao levará este vindeiro 19 de agosto o seu mellor repertorio á terraza do Hotel Hermida Rural, aloxamento que está apostando por actuacións en directo para as tardiñas dos venres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Andrés, xerente do aloxamento Hermida Rural, comezou a organizar o pasado mes de xullo unha serie de eventos para ambientar a súa espectacular terraza con vistas ao encoro de Vilasouto. Pero cun valor engadido para as e os que se achegaban, o goce de ver o solpor.

Así nacía o ciclo ‘Solpor Hermida’ que vén sumando con cada evento a máis espectadores, xa sexan visitantes da zona aloxados no hotel como veciños/as de Eirexalba como tamén outras/os visitantes da contorna do Incio, Bóveda, Sarria e incluso Monforte.

Predominan as actuacións musicais en directo pero o pasado 12 de agosto atrevéronse cun monólogo. Chegado de Barcelona, aínda que orixinario de Quiroga, Alberte Montes fixo rir aos asistentes que enchían a terraza co seu monólogo “Galego pode selo calquera”. Como anécdota, contar que unha parella orixinaria de Euskadi –e sen vínculos familiares na zona nin en Galicia– comentaban que aínda sen entender ben o galego pasárano moi ben e botaron unhas boas risas. Dicían tamén estar moi satisfeitos de ter escollido este aloxamento pola tranquilidade e o bo trato recibido.

Seguindo, logo, coa programación, para este venres 19 volve a música. Nesta ocasión cun dueto sarriao, The Lioness Treasure. O concerto, como os anteriores, será na terraza pero nesta ocasión ás 20:00 h. “Xa se lle nota aos días e comeza a facer fresquiño”, dinos Andrés para xustificar este pequeno adianto no horario da actuación.

THE LIONESS TREASURE

É unha banda de versións formada por músicos de Sarria a principios do 2019. O seu repertorio componse maioritariamente de temas que veñen de estilos tan distintos comoo soul, o R&B, o pop, a música mexicana, portuguesa, galega…

Teñen tocado en salas carismáticas como o Clavicémbalo de Lugo e participado en programacións culturais en Galicia e en Asturias.

Compoñen The Lioness Treasure: Nerea Iglesias á voz e Borja López á guitarra. Os dous son de Sarria, membros do colectivo local ‘Asociación Cultural Rúa da Música’. Borja ademais está diplomado en maxisterio musical e grado 8 de Rock School en guitarra eléctrica compaxinando profesionalmente o seu traballo como profesor coa actividade como músico en diferentes formacións musicais. 

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...