HomesociedadeExtinguido o incendio de Pantón que deixa 36 hectáreas ardidas

Extinguido o incendio de Pantón que deixa 36 hectáreas ardidas

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Pantón, parroquia de Frontón, quedou extinguido ás 22,00 h. deste xoves.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O lume -que se iniciou o pasado luns ás 22,39 h. da noite en varios focos- afectou a unha superficie de 35,94 hectáreas de monte arborado, segundo as últimas medicións. No seu control traballaron un total de 2 técnicos, 17 axentes, 64 brigadas, 30 motobombas, 2 pas e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...