HomesociedadeGrupos de Monforte animarán o barrio da Estación e a zona da...

Grupos de Monforte animarán o barrio da Estación e a zona da Compañía

Será este martes 23 e o mércores 24 de agosto con actuacións a cargo de Dinosaurios, Doc Magoo’s, Penny Lane e Movilla y los Irrepetibles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións forman parte do ciclo “Grupos de Monforte. Concertos na rúa”, un novidoso programa que se está a desenvolver nos meses de agosto e setembro. Nel participan todas as formacións musicais actuais que están en activo en Monforte tratándose, en verbas do Alcalde cando se fixo a presentación oficial do mesmo, “dunha aposta decidida do Concello por dar visibilidade e poñer en valor ós nosos grupos musicais da cidade”.

Concerto de Cool Flanders na Compañía / XdL

Tras as actuacións de Cero2Cero, Cool Flanders e Los Jinetes del Trópico os días 8 e 9 de agosto, esta semana hai programados dous días máis de concertos para rematar a programación fixada para o mes de agosto. Aquí as datas, escenarios e horarios.

Martes 23/08 DINOSAURIOS na Praza da Estación ás 22:30h

Martes 23/08 DOC MAGOO’S na Praza da Estación ás 00:00h

Mércores 24/08 PENNY LANE na Zona Compañía ás 22:30h

Mércores 24/08 MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES na Zona Compañía ás 00:00h

Adiantándonos a setembro, e xa como fin ao ciclo, está previsto que actúen Bella Chaos, Ad Hera Liti e Deloreans o xoves e venres 1 e 2 de setembro, os primeiros na Praza de Estación e os seguintes na Praza de España.

ÚLTIMAS

Monforte comeza este 4 de novembro a mellora de varios parques infantís

O Concello de Monforte inicia actuacións destinadas á mellora, conservación e renovación de varias...

Quiroga celebra o San Martiño do 6 ao 11 de novembro

O venres día 6 de novembro, ás sete da tarde, a Casa da Cultura...

Espertamonforte: “Cun Consello Escolar Municipal, o problema das traballadoras da limpeza dos colexios atallaríase moito antes”

Para Espertamonforte, o mellor exemplo da utilidade dun Consello Escolar Municipal é a situación...

Villares e o alcalde do Saviñao avalían proxectos conxuntos para melloras municipais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo este luns un...