HomesociedadePaella de confraternidade na parroquia soberina de Bulso para despedir o verán

Paella de confraternidade na parroquia soberina de Bulso para despedir o verán

A veciñanza de Bulso compartiu un ano máis unha cea de confraternidade coincidindo coa época estival na que moita xente emigrada regresa á súa terra para pasar as vacacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Acudiron á cita, ademais dos veciños e veciñas de Bulso, outros de parroquias limítrofes como Santa Cruz de Brosmos, Gundivós, Figueiroá, Amandi, Lobios ou Santiorxo.

Máis de 100 personas gozaron dun serán no que o prato principal foi unha paella preparada polo mestre cociñeiro e veciño da parroquia, Pepe Arias.
Nesta xornada non faltou a música onde Alexandra, Pedro Llano e Marie de Ousille foron os intérpretes.

Os organizadores tiveron un detalle especial para o cociñeiro Pepe Arias e para o Inspector Xefe da Policía Nacional, José Ramón Álvarez, un dos principais impulsores deste fermoso encontro interparroquial.

Paella de confraternidade en Bulso / concello de Sober

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...