HomesociedadeBóveda recibirá da Xunta 240.000€ para a implantación do viveiro de empresas

Bóveda recibirá da Xunta 240.000€ para a implantación do viveiro de empresas

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, apoiará a creación de sete viveiros industriais a través de axudas que suman 1,68 millóns de euros e que alcanzarán un investimento total de 2,3 millóns.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na provincia de Lugo contruiranse novos viveiros en Cospeito -que tamén recibiu axudas para a mellora do parque empresarial-, Bóveda e Baleira (Lugo).

Bóveda obterá 239.999 euros para un viveiro de 661,83 m2 que se dividirá en catro despachos, zonas de servizos comúns e un taller de formación práctica.

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, destaca que estas infraestruturas contribuirán a “favorecer a implantación inicial e consolidación de empresas nos concellos beneficiarios”. Uría, que subliñou que conseguiron a axuda todos os concellos emprendedores que a solicitaron -cinco en total-, explicou que suporán un “apoio importante para novos empresarios durante as primeiras etapas de actividade e para a implantación de empresas”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...