HomesociedadeO monfortino Javier Saco, nomeado ao premio Educa Abanca como mellor docente...

O monfortino Javier Saco, nomeado ao premio Educa Abanca como mellor docente de España 2022

O profesor do Colexio Escolapios de Monforte opta a este recoñecemento na categoría de Educación Secundaria e Bacharelato.

Publicado o

- Advertisement -

Na actual edición deste prestixioso certame recibíronse máis de 1300 propostas procedentes de alumnado e familias de toda España saíndo unha primeira lista de nomeamentos en distintas categorías, de acordo ao labor desempeñado por docentes de centros públicos, concertados e privados durante o curso 21/22. Nesta primeira selección está o profesor monfortino Javier Saco Fernández.

Para determinar a clasificación definitiva, os docentes deberán enviar agora unha lista cos méritos contraídos ao longo do pasado curso en diferentes ámbitos. O vindeiro 30 de outubro de 2022 sairá publicada a listaxe dos finalistas de cada categoría.

JAVIER SACO FERNÁNDEZ

Javier Saco dedica gran parte da súa actividade docente a potenciar o aspecto humano do alumnado, transmitindo valores fundamentais mediante a reflexión e a creatividade, tanto na aula como fóra dela, a través do seu proxecto web elrincondeleonardo.com.

Durante o pasado curso, este mestre implicouse ao máximo na elaboración dunha curtametraxe realizada no ámbito do seu centro escolar, e que constitúe unha denuncia contra o racismo e a intolerancia, onde a creatividade preséntase como alternativa para dignificarse, potenciar a autoestima e fortalecerse diante do bullying. A curta “A Moza da Xanela” foi presentado este verán no Fancine de Lemos, ademais de formar parte das actividades que o Camiño Creativo de Santiago desenvolveu na súa etapa monfortina.

Presentación da curtametraxe no Fancine de Lemos. Foto Cedida J.S.

A actividade deste profesor durante o pasado curso complementouse con outras interesantes iniciativas, entre as que destaca a consecución do primeiro premio no campionato “Ciberseguridade na Rede”, en categoría de Secundaria, evento organizado por Telefónica para todos os colexios de Galicia. Tamén participou nun rally matemático con alumnado de 1º de ESO e coordinou a definición do Plan Dixital do centro, ademais de completar diferentes proxectos co seu alumnado no ámbito das TIC, abordando temas como a prevención diante dos perigos e o mal uso da internet e fomentando a análise crítica de información vertida nas redes.

Recidindo o primeiro premio no campionato “Ciberseguridade na Rede”. Foto: J. Saco

Javier Saco quixo agradecer ao alumnado a súa proposta de nomeamento para este certame, así como a oportunidade de dar a coñecer o labor docente que desempeña con tanta dedicación e manifestou que “humanizar a educación é aínda unha materia pendente, e antóllase máis necesario que nunca. Facelo potenciando a reflexión e a creatividade desde unha perspectiva tecnolóxica e moderna é un reto complexo, pero tamén unha oportunidade de recuperar os valores esenciais do ser humano, que parecen estar en decadencia”.

ÚLTIMAS

28 de xuño de exposición de conclusións da primeira fase do proxecto “O Courel destino e futuro”

O proxecto, exposto para afrontar o reto demográfico e as dificultades que ten o...

Reordenación do tráfico na rúa Doutor Casares de Monforte desde este 25 de xuño

Na actualidade atópase en execución a condución da tubaxe na rúa Doutor Casares, a...

Aberto o prazo para inscribirse no Campus de Verán do Incio

O Campus detínase a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos con...

Piscinas ao aire libre e mellora do servizo da Unidade de Drogodependencias, demandas que Esperta Monforte presenta ao pleno

Esperta Monforte leva ao pleno deste luns unha moción para dotar dunha zona de...