HomesociedadeXII Feira de Artesanía e Produtos da Terra o 4 de setembro...

XII Feira de Artesanía e Produtos da Terra o 4 de setembro no Incio

O encontro, que busca a recuperación e difusión dos oficios tradicionais, congregará un total de 25 postos de artesanía e produtos da terra, que abrirán as súas portas na contorna da Praza de España ás 11:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A XII Feira de Artesanía e Produtos da Terra celebrarase o vindeiro domingo, día 4 de setembro, na Cruz do Incio. A cita non se conmemora desde o ano 2019 por mor da pandemia.

O día 4 de setembro ás 12:30 horas haberá un obradoiro de baile aberto a quen queira participar e ás 16:00 horas haberá xogos tradicionais e populares para nenos e maiores. Ás 17:00 horas celebrarase unha verbena dos anos 50 “como as de antes” que correrá a cargo de Oxeito na que se recrea o ambiente, a música e os bailes das verbenas en Galicia dos anos 40 e 50. A actuación conta coa colaboración da Asociación Cultural As Xeitosas do Incio. A continuación será a quenda da Charanga Ardores. Os postos de artesanía e produtos da terra estarán abertos ata a tardiña.

O alcalde, Héctor Corujo, lembra que esta feira naceu froito do entusiasmo dos veciños e veciñas por recuperar a memoria dun modo de vida, polo que convida a asistir a todos os galegos e galegas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...