HomeTerra de LemosMonforteHomenaxe en Monforte a Aida Menéndez, impulsora do Camiño de Inverno

Homenaxe en Monforte a Aida Menéndez, impulsora do Camiño de Inverno

Foi presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e levou a cabo un intenso labor de estudo sobre a historia e o itinerario da ruta de inverno.

Publicado o

POR
Patricia Otero
- Advertisement -

Monforte homenaxeou este sábado a Aida Menéndez, impulsora do Camiño de Inverno da ruta xacobea, un nome que agora bautiza o albergue de peregrinos do Saviñao. Na homenaxe, que tamén incluíu os actos litúrxicos na igrexa dos Escolapios, déronse cita distintas autoridades, incluído o presidente da Xunta e o rexedor monfortino, así como familiares e veciños da honrada, xa falecida.

Nunha intervención pública, o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, destacou a gran afluencia de xente nesta homenaxe, “un reflexo de que todos a querían” e da “obra que deixa”, cuxo legado, indicou, convidou a continuar.

“Sen asociacións de persoas que, desinteresadamente e voluntariamente, fan promoción ao Camiño, as administracións e a Xunta de Galicia non iriamos a ningún sitio”, manifestou o mandatario galego no albergue de peregrinos do Saviñao, que agora leva o nome desta veciña monfortina.

Así, o mandatario autonómico destacou o “esforzo e traballo” que levou a cabo na recuperación e difusión do Camiño de Inverno, unha das dez rutas oficiais que poden elixir os peregrinos ata Santiago, e a cal é a única que atravesa as catro provincias galegas e segue o curso natural do río Sil.

“Este é o primeiro albergue dos moitos que ten que impulsar a Xunta neste Camiño de Inverno, porque vai seguir crecendo, sen ningunha dúbida”, manifestou o presidente autonómico, ao referirse aos datos dos peregrinos que camiñaron ata Compostela no que vai de ano. En 2016 disparouse a cifra de quen optaron por esta vía, pasando dos 287 aos 1.600 en 2022.

A homenaxeada foi presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e levou a cabo un intenso labor de estudo sobre a historia e o itinerario da ruta de inverno. Ademais, colaborou co grupo de historiadores e investigadores que redactou o proxecto de recuperación deste trazado do Camiño.

Así as cousas, Rueda animou a todas as persoas implicadas na Ruta a seguir “adiante” e continuar o legado. “Ela non se merece menos”, manifestou o presidente autonómico.

No acto estiveron diferentes autoridades, como o alcalde de Monforte, José Tome, os conselleiros de Cultura, Román Rodríguez, e o vicepresidente económico, Francisco Conde, así como outros representantes políticos. Aida Menéndez faleceu o pasado 27 de xullo e foi concelleira de Cultura no Concello de Monforte, ademais de presidenta da asociación mencionada.

José Tomé xunto a Alfonso Rueda e outras autoridades políticas presentes no acto. Foto: Prensa Concello de Monforte

ÚLTIMAS

O mellor alumnado galego de Bioloxía de Bacharelato e da ESO recibe clases intensivas nas Montañas do Courel

Son seis os alumnos e alumnas que participan activamente nestas clases especializadas nas Montañas...

Por Chantada denuncia as incidencias eléctricas no municipio con horas sen luz e esixe responsabilidades

A formación política asegura non entender que "nun dos Concellos que máis enerxía produce...

270.000€ para dotar de luminarias a ronda urbana e o paseo fluvial de Monforte

Por unha banda actúase no tramo da ronda urbana comprendido entre a rotonda do...

240 alumnos de 0 a 3 anos disporán no curso 2026-2027 de educación gratuíta na zona sur de Lugo

O prazo para formalizar a matrícula nas escolas infantís autonómicas rematou o pasado venres,...