HomesociedadeDixitalización de balde e ordeador de agasallo para mulleres en Sarria

Dixitalización de balde e ordeador de agasallo para mulleres en Sarria

O proxecto ‘Galegas Dixitais’ ofrece formación para aprender a usar as novas tecnoloxías e facilitar a empregabilidade. Ademais, ao remate do curso as participantes levarán un computador portátil de balde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mulleres en situación de desemprego ou que teñan solicitada a mellora de emprego e vivan en Sarria teñen unha oportunidade para avanzar nas súas competencias dixitais de cara ao día a día ou á súa dedicación profesional.

Todas as participantes no curso terán acceso a formación gratuíta e ademais recibirán un computador portátil Chromebook de agasallo. Os requisitos fundamentais son ser muller e estar desempregada ou rexistrada como demandante de mellora de emprego.

A formación está organizado por Beproject e ARA Formación, en colaboración co Concello de Sarria, realizarase en horario de 12:00 a 14:30 h., comeza o día 12 de setembro e remata o 1 de decembro deste 2022.

O lugar de realización da mesma será a Aula CeMIT da Casa da Cultura na Rúa Marqués de Ugena s/n 27600.

A web para inscribirse www.galegasdixitais.es, e para máis información chamar ao teléfono móbil 698197518 ou contactar a través do correo electrónico: lugo@galegasdixitais.es

Galegas Dixitais é un proxecto financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos Next Generation da UE e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...